martes, 31 de mayo de 2011

ARTEFACTOSALNÉS 2011: XORNADAS AO REDOR DAS ARTES PLÁSTICAS





O Salnés ten unha riqueza artística tan impresionante como pouco recoñecida a nivel popular. É triste que o noso, o feito polos nosos, sexa enormemente valorado a nivel non só galego, senón nacional e mesmo internacional pero a sociedade do Salnés viva de costas a eles… a promoción e difusión desta rica obra foi a motivación que nos levou a facer esta publicación.

A Arte actual non sempre é comprendida, pode parecer que é unha expresión confusa e lonxana… nembargantes na nosa área podemos desfrutar de autores como, Emérita Méndez, Enrique Conde, Héctor Quintela, Manolo Chazo, Uxío López, Xaquín Chaves, Xaquín Rosales ou Xulio Gayoso que desinteresadamente adicáronnos unha parte do seu valioso tempo para puidermos coñecer de primeira man a súa obra, as súas inquedanzas artísticas e a súa visión de futuro… Dese xeito todos nós valoraremos máis a súa labor e, ao tempo, serviranos de inspiración.

Esta comarca ten unha “materia prima humana” con moito potencial e qué mellor forma de fomentar esa difusión artística que a través dun dos lugares de difusión da cultura e de formación de valores da comarca como é o Instituto de Secundaria “Ramón Cabanillas” de Cambados. Os rapaces que pasan por aquí non só deberían acadar o seu título e marchar a desenvolverse intelectualmente noutros lugares senón que ademais diso deberían ser os portavoces culturais da súa terra nun mundo onde o artístico e o cultural están en crise e, xa que serán eles os que dirixan o mundo no futuro próximo, quén sabe se serán os seus salvadores...

A Arte é un fenómeno global, comprende moitas disciplinas diferentes, nestas páxinas achegámonos á caricatura, á escultura, á fotografia, á ilustración e á pintura; é un mundo complexo dirixido, dun tempo a esta parte, cada vez máis polas leis do mercado e por tanto a situación económica actual fixo e fai moito dano aos artistas pero, en sentido prístino, a Arte son emocións e todos podemos expresalas, o problema é como facelo... As linguaxes artísticas estanse esgotando e deberán atopar novas formas e iso non se pode ensinar, esperamos que esta publicación sirva de motivación para que a xente (nova e menos nova porque a Arte non ten idade) pérdalle o medo a expresarse públicamente por medio das experiencias dos artistas aquí recollidas, a inspiración pode chegar en calquera momento pero ollo, como dixo un xenio: “A inspiración existe, pero ten que te atopar traballando”.

Enrique Cardona



+ ARTEFACTOSALNÉS 2011: XORNADAS AO REDOR DAS ARTES PLÁSTICAS







+ VISITA AO ESTUDIO DE XAQUÍN CHAVES. 25-MAIO










+ “UN MAR DE PEDRA (SOBRE O PROCESO ESCULTÓRICO DE MANOLO PAZ)”. PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN DO DOCUMENTAL A CARGO DO DIRECTOR DO FILME MANU PAZ. 26-MAIO










+ “A ARTE E OS TEMPOS”. ENRIQUE CONDE. 27-MAIO










+ EXPOSICIÓN: “PROCESO DE CREACIÓN DA PORTADA DO ENORMIC 2011”. UXÍO LÓPEZ. 30-MAIO







DOU ARRINCO TORZO MATO

Dou arrinco torzo mato atraveso incendio e queimo - agarimo lambo bico ollo - repenico con todo o pulo as campás até que sanguen - escorrento os pombos e fágoos voar arredor do pombal até caeren ao chan xa mortos de cansazo - cubrirei todas as xanelas e as portas con terra e cos teus cabelos aforcarei todos os paxaros que cantan - e cortarei todas as flores - arrolarei no meu colo ao año e dareille o meu peito para que o devore - lavareino coas miñas bágoas de pracer e de mágoa - e adurmiñareino co canto da miña soidade por soleares - e gravarei con augaforte os campos de trigo e de avea e vereinos morrer deitados cara o sol - e enrolarei os ríos en papel de xornal e tirareinos pola fiestra ao regato que arrepentido pero con todos os seus pecados ás costas vaise ledo e rindo pese a todo facer o seu niño no sumidoiro - e racharei a música da fraga contra as rochas das ondas do mar - e trabarei ao león na meixela - e farei chorar ao lobo de tenrura diante dun retrato da auga que no baño deixa caer o seu brazo.
(Picasso, 17 setembro 1935)

Tradución ao galego do poema de Picasso que aparece no catálogo da exposición “PROCESO DE CREACIÓN DA PORTADA DO ENORMIC 2011” de UXÍO LÓPEZ.





No hay comentarios:

Publicar un comentario