miércoles, 1 de junio de 2011

ARTEFACTOSALNÉS 2011: PUBLICACIÓN













XAQUÍN CHAVES
“Na miña obra actual prima sempre o cromatismo sobre o formal , o estudio da cor asi coma o da súa apariencia son cuestións moi importantes nas cales investigo con diferentes materias e situacións espaciais; sendo este o meu fío de Ariadna o meu proceso creativo ten bastante de aleatorio: partindo dunha experiencia persoal ou dunha referencia visual o labor e pintar e despintar, para voltar a pintar ata que xurde coma unha aparición a idea, é a partires de ahí cando realmente comeza a creación da obra, xa todo ten unha dirección e sentido a obra se hai sorte pode materializarse”.





MANOLO CHAZO
“A obra orixinal, a creatividade, as novas formas de fixar o teu traballo, a busca continua da aprendizaxe, satisfaime plenamente. Inventar, soñar e perderte no infinito da imaxinación para fabricar as pezas que perseguías faite sentir coma un arqueólogo do presente.
Nos meus traballos, o emprego da madeira convértese nun dos principais materiais, tamén realizo pezas en resinas de poliéster. O ferro fundido e o bronce utilízoo sobre todo para encargos de esculturas públicas e de dimensións considerables , como son A porta da Luz Salgada, en Vilagarcía , ou o Faro das Lúas, en András, construída esta última en aceiro inox. Os relevos con técnicas mixtas forman parte tamén das últimas exposicións. En canto ao espazo xeográfico, e en concreto ao Salnés, penso que evidentemente vivimos e producimos nun espazo privilexiado que inflúe, consciente ou inconscientemente na persoa. O Salnés foi sempre unha fonte de frescura para a creación, un territorio poboado de grandes nomes en tódolos eidos das artes.Partindo da universalidade da cultura é importante o teu lugar de reflexión, a túa fábrica de ideas e emocións, o lugar onde respiras” .






ENRIQUE CONDE
“Dende neno vivín nunha contorna artística (o meu pai era pintor). Penso que non decidín ser artista, a arte decidiume dende o momento que vin transformarse una cartolina nun cadro. A partires dese momento tratei de adicarme a tempo completo a esta actividade. A desesperación de enfrentarme contra o plano (pintura) levoume a tratar as tres dimensións (escultura).
No traballo como escultor considérome constructivista, busco a relación da materia e o espazo, o baleiro como forma de expresión. Técnicamente traballo maiormente con madeira, material mais doado para facer estruturas e ensamblaxes, moi relacionado coa carpintería tradicional.
Vivín a cabalo de Ourense e O Grove, e dende hai trinta anos habito na comarca do Salnés. Penso que dalgún xeito, o territorio onde se vive inflúe no traballo, mais non é algo procurado.
Dende que me dedico a esta actividade sentín mudar moito a relación da arte e a sociedade. Nos tempos, o mercado tratou de transformala nun valor de cambio, mercaduría especulable en mans de tendeiros. As novas tecnoloxías están creando relacións entre a arte e a sociedade eliminando intermediarios innecesarios”.






XULIO GAYOSO
“Definir a miña obra non é doado porque nunca estivo rexida por uns obxectivos nin unhas intencións claras, sempre fun un creador limitado polas circunstancias.
En primeiro lugar tería que dicir que, aínda que toquei todos os paus (pintura, cerámica, escultura, etc.), o que me sinto é ilustrador, con todo o que isto significa: a obra non ten valor como obxecto en si, senón que está feita para outro fin e a el se ten que someter: ilustración de prensa, libro ilustrado, campañas publicitarias, cartaces, etc. Aínda que a miña paixón mais duradeira é o cómic.
Tendo en conta todo isto, as técnicas que emprego son moi variadas e, por veces, moi complexas. Boto man de todo o que teño ao meu dispor. O medio dixital representou unha revolución inimaxinable hai un par de décadas e puxo nas miñas mans uns instrumentos moi potentes que se adaptan ben ao meu xeito de traballo. Hai unha máxima que sempre respectei: o final do proceso creativo é a obra unha vez impresa.
Non teño a mentalidade e a tenacidade do artista, teño máis vocación de artesán, de persoa que intenta exercer con dignidade un oficio, despreocupado da carga conceptual e transcendental que adoita asociarse a este traballo. Da Arte (con maiúsculas), son un observador e un admirador”.






UXÍO LÓPEZ
“No proceso creativo síntome moi libre á hora de executar as obras, nunca parto de bosquexos ou traballos previos, case todo consiste en porme diante do lenzo en branco e deixarme levar pola cabeza, polas sensacións, emocións ou estados de ánimo. Empezar a manchar e aglutinar cousas para logo, máis tarde, xa co traballo algo avanzado disporme a tomar unha decisión de por onde seguir e a onde poder chegar.
En todo este proceso o azar, para mín, é moi importante e non me deixan de sorprender os mundos novos que se abren por ese camiño.
No relativo ás técnicas, teño que dicir que estou aberto a usar calquera cousa e calquera material que nese momento me emocione ou considere que sexa boa solución para executar a obra. As cores coas que traballo fágoas eu, partindo duns pigmentos que se usan no mundo do aluminio, e que mesturo con látex para darlle adherencia ao soporte, así mesmo para mín son moi importantes os instrumentos cos que pinto, podo utilizar un pincel e deseguido un trapo sucio, unha vasoira ou facer dunha táboa unha espátula, correr a botar auga sobre o pintado e logo secalo cun calefactor de ar, e mesmo usar un aspirador para absorber restos de pintura. Tamén uso os erros como unha ferramenta de traballo, e que fermoso é cando se atopan”.






EMÉRITA MÉNDEZ
“Non sei se teño referentes. Influencias supoño que sí. Gauguin dicía que a arte é plaxiadora ou revolucionaria . Penso que é unha cuestión de emocións e un misterio o porqué che atrae mais un autor ca outro. O mesmo ocorre coa música ou a literatura. Antes falaba dun xeito de ver e pode que a iso se deba o que conecte mais con certos pintores e a súa percepción do mundo e lóxica distintas. Atópoos en todas as épocas e estilos, nos libros ilustrados da Idade Media, nas rochas estrañas de Patinir, nos monstros do Bosco, os frescos de Massaccio, no misterio de Vermeer , na atmosfera fría e queda dos pintores nórdicos como Hammershøi , nos interiores domésticos de Vuillard e na aparente simplicidade de Whistler .Entre os actuais atráenme Edward Hopper, Larry Rivers, Jim Dine , Alice Neel, Eric Fischl, Leonard Rosoman , Peter Blake … Peter Blake outra vez.
A contorna ten influencia . Primeiro nos sentidos, pero tamén na nosa mente, nas nosas lembranzas e na educación. Pero a imaxinación é a fonte do pulo artístico, así que sempre interpretamos o que nos rodea”.






HÉCTOR QUINTELA GONZÁLEZ
“Creo en el valor de la Historia como fuente de modernidad, y en el valor de la flânerie como método de trabajo. Creo también que hay que retener lo máximo posible de lo soñado, nunca desecharlo. Fiel a estas máximas, se va formando más o menos conscientemente un palimpsesto de conceptos e imágenes; condición necesaria el guardarlo nervioso bajo el pellejo, latente continuamente”.





XAQUÍN ROSALES
“A arte sempre estará presente na nosa vida, digamos que lle dá sentido, o ser humano sempre intenta comunicarse cos demais a través da representación gráfica dos seus sentimentos e ideas, polo tanto a arte encóntrase ben de saúde. Outra cousa é o mercado da arte, que como calquera outro esta supeditado á marcha da economía e os negocios”.





martes, 31 de mayo de 2011

ARTEFACTOSALNÉS 2011: XORNADAS AO REDOR DAS ARTES PLÁSTICAS





O Salnés ten unha riqueza artística tan impresionante como pouco recoñecida a nivel popular. É triste que o noso, o feito polos nosos, sexa enormemente valorado a nivel non só galego, senón nacional e mesmo internacional pero a sociedade do Salnés viva de costas a eles… a promoción e difusión desta rica obra foi a motivación que nos levou a facer esta publicación.

A Arte actual non sempre é comprendida, pode parecer que é unha expresión confusa e lonxana… nembargantes na nosa área podemos desfrutar de autores como, Emérita Méndez, Enrique Conde, Héctor Quintela, Manolo Chazo, Uxío López, Xaquín Chaves, Xaquín Rosales ou Xulio Gayoso que desinteresadamente adicáronnos unha parte do seu valioso tempo para puidermos coñecer de primeira man a súa obra, as súas inquedanzas artísticas e a súa visión de futuro… Dese xeito todos nós valoraremos máis a súa labor e, ao tempo, serviranos de inspiración.

Esta comarca ten unha “materia prima humana” con moito potencial e qué mellor forma de fomentar esa difusión artística que a través dun dos lugares de difusión da cultura e de formación de valores da comarca como é o Instituto de Secundaria “Ramón Cabanillas” de Cambados. Os rapaces que pasan por aquí non só deberían acadar o seu título e marchar a desenvolverse intelectualmente noutros lugares senón que ademais diso deberían ser os portavoces culturais da súa terra nun mundo onde o artístico e o cultural están en crise e, xa que serán eles os que dirixan o mundo no futuro próximo, quén sabe se serán os seus salvadores...

A Arte é un fenómeno global, comprende moitas disciplinas diferentes, nestas páxinas achegámonos á caricatura, á escultura, á fotografia, á ilustración e á pintura; é un mundo complexo dirixido, dun tempo a esta parte, cada vez máis polas leis do mercado e por tanto a situación económica actual fixo e fai moito dano aos artistas pero, en sentido prístino, a Arte son emocións e todos podemos expresalas, o problema é como facelo... As linguaxes artísticas estanse esgotando e deberán atopar novas formas e iso non se pode ensinar, esperamos que esta publicación sirva de motivación para que a xente (nova e menos nova porque a Arte non ten idade) pérdalle o medo a expresarse públicamente por medio das experiencias dos artistas aquí recollidas, a inspiración pode chegar en calquera momento pero ollo, como dixo un xenio: “A inspiración existe, pero ten que te atopar traballando”.

Enrique Cardona



+ ARTEFACTOSALNÉS 2011: XORNADAS AO REDOR DAS ARTES PLÁSTICAS







+ VISITA AO ESTUDIO DE XAQUÍN CHAVES. 25-MAIO










+ “UN MAR DE PEDRA (SOBRE O PROCESO ESCULTÓRICO DE MANOLO PAZ)”. PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN DO DOCUMENTAL A CARGO DO DIRECTOR DO FILME MANU PAZ. 26-MAIO










+ “A ARTE E OS TEMPOS”. ENRIQUE CONDE. 27-MAIO










+ EXPOSICIÓN: “PROCESO DE CREACIÓN DA PORTADA DO ENORMIC 2011”. UXÍO LÓPEZ. 30-MAIO







DOU ARRINCO TORZO MATO

Dou arrinco torzo mato atraveso incendio e queimo - agarimo lambo bico ollo - repenico con todo o pulo as campás até que sanguen - escorrento os pombos e fágoos voar arredor do pombal até caeren ao chan xa mortos de cansazo - cubrirei todas as xanelas e as portas con terra e cos teus cabelos aforcarei todos os paxaros que cantan - e cortarei todas as flores - arrolarei no meu colo ao año e dareille o meu peito para que o devore - lavareino coas miñas bágoas de pracer e de mágoa - e adurmiñareino co canto da miña soidade por soleares - e gravarei con augaforte os campos de trigo e de avea e vereinos morrer deitados cara o sol - e enrolarei os ríos en papel de xornal e tirareinos pola fiestra ao regato que arrepentido pero con todos os seus pecados ás costas vaise ledo e rindo pese a todo facer o seu niño no sumidoiro - e racharei a música da fraga contra as rochas das ondas do mar - e trabarei ao león na meixela - e farei chorar ao lobo de tenrura diante dun retrato da auga que no baño deixa caer o seu brazo.
(Picasso, 17 setembro 1935)

Tradución ao galego do poema de Picasso que aparece no catálogo da exposición “PROCESO DE CREACIÓN DA PORTADA DO ENORMIC 2011” de UXÍO LÓPEZ.





lunes, 4 de abril de 2011

¿QUE É ARTEFACTOSALNÉS?






¿Qué es Artefacto Salnés? Bonita pregunta.

Pero, requiere una respuesta tras una intensa reflexión.

Lo de Salnés no tiene problema: la comarca, el lugar donde estudiamos, trabajamos, vivimos… y, Artefacto: artilugio, vehículo quizás, ¿no? Dividamos la palabra en sus dos componentes: arte y, bueno, algo que suena a latín relacionado con hacer, facto. Y, ahora unamos ambas posibilidades. A lo mejor nos aproximamos a una respuesta lógica: Artefacto Salnés es, en la zona geográfica del Salnés, un conjunto de “piezas” (revista, paneles expositivos, charlas, concursos, exposiciones…) que forman un entramado que permite que todos los que quieran expresar su creatividad, su mirada sobre las cosas, sus comentarios o intuiciones, sus historias… puedan manifestarlas a través de este vehículo en cualquier código –lingüístico o de la imagen (fotografía, pintura, collage)– y en cualquier soporte –papel, lienzo, digital– y todas estas muestras constituirán la aportación personal a la visión del mundo desde el yo en relación con el entorno, que se integrará en el conjunto del sentir el pulso del arte en nuestra vida cotidiana compartida.

Ana Quintela González