miércoles, 18 de abril de 2012

ARTEFACTOSALNÉS 2012: DO ENCADRE AO CADRO (PRESENTACIÓN)





O PRÓXIMO DÍA 4 DE MAIO SERÁ A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "DO ENCADRE AO CADRO", A CAL PRETENDE MOSTRAR AS RELACIÓNS ENTRE O CINE E AS ARTES PLÁSTICAS, E QUE CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DOS ARTISTAS DO SALNÉS SELECCIONADOS E TRABALLOS ELABORADOS POR ALGÚNS ALUMNOS DO NOSO CENTRO. DE MOMENTO, E COMO ADIANTO DESTE EVENTO AQUÍ VOS DEIXO UN FRAGMENTO DUN DOS TEXTOS INTRODUCTORIOS, ESTE DA MAN DO NOSO COMPAÑEIRO ENRIQUE CARDONA. ESTADES TODOS INVITADOS A ESTE ACTO INAUGURAL, QUE TERÁ LUGAR NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO TORRADO EN CAMBADOS ESE VENRES 4 ÁS 20:00 H.



"(...) A incidencia da arte cinematográfica é innegable, puxo fin a un modelo secuenciado de produción artística (inicio → desenvolvemento → auxe → decadencia... e volta a comezar con outro xeito de expresión) no que se non seguías unha liña concreta era difícil sair adiante e deu paso a unha produción artística “total” no que se pasa dun estilo a outro de forma tan veloz que pódese sentir o cambio incluso dentro da mesma obra. Artistas xeniais como Pablo Picasso non serían o mesmo se viviran nunha época anterior dentro dun esquema formal innóbil e prefixado, serían xenios igualmente, sí, seguro, pero...
(...) Grandes interpretacións de grandes actores dando vida a outros artistas achégannos sen esforzo a entender en gran medida a vida, obra e motivacións de personaxes básicos para a historia da arte: Coñecer a Vermeer a través de Scarlett Johanson en “A moza da perla”, a Frida Khalo a través de Salma Hayek en “Frida”, a Jackson Pollock a través de Ed Harris en “Pollock” ou a Vincent van Gogh a través de Kirk Douglas en “O tolo do cabelo vermello” non ten prezo. Estas obras aquí citadas pode que non sexan obras mestras pero logran atraer a maxia dos artistas dun xeito que, na maior parte das veces, sen formación axeitada non é doado conseguir. Con todo isto quero explicar que o cine ten moitos usos, do mero divertimento ata o estudio concienzudo e a maioría das veces faise ao tempo, se darnos conta.
Din que non é fácil entender a arte... eu creo que sí."

Enrique Cardona



COMO PEQUENA MOSTRA DO QUE SE PODERÁ VER NA EXPOSICIÓN "DO ENCADRE AO CADRO" TEDES AQUÍ UN ENLACE PARA VER O VIDEO "ACCIDENTE KAFKA" UN DOS TRABALLOS QUE PRESENTARÁ O ARTISTA AROUSANO UXÍO LÓPEZ NA MESMA, E QUE MOSTRA O PROCESO DE CREACIÓN "PASO A PASO" DA OBRA DO MESMO TÍTULO, UTILIZANDO A TÉCNICA DO STOP-MOTION.