miércoles, 13 de junio de 2012

ARTEFACTOSALNÉS 2012. DO ENCADRE AO CADRO.




+ DO ENCADRE AO CADRO





+ MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ


Deixou dito na súa lúcida autobiografía, un grande do cine como foi Charlie Chaplin, que “a colocación da cámara é como o til na linguaxe do cinema”. Viña a afirmar que a realidade obxectiva transformábase en mirada subxectiva ó pechala nas catro marxes do cadro. Da mesma maneira que non é o mesmo un plano panorámico de conxunto (tamén chamado plano maestro), que deterse en aspectos concretos desa realidade visual a piques de ser capturada a través da tipoloxía dos planos, todos os que de maior a menor rematarían finalmente no coñecido como plano-detalle, máis aló incluso do primeiro plano ou close-up. Sen esquecer o importante engadido do movemento da propia cámara, cando camiña pechando cara a esa última escolla. Certamente, foi a primeira gran conquista do cinema. Evolucionar da mirada queda dos Lumière, na que a realidade pasaba diante da cámara estática, ata a mirada móbil na que a cámara comezou a moverse na procura daquela mesma realidade... A outra grande conquista, máis alá do contraste entre ficcionar e documentar, foi a montaxe, a posibilidade de compoñer un discurso visual (e audiovisual) en función dos intereses do cámara, sexa baixo a mirada subxectiva do artista ou da ollada obxectiva dun filmmaker.

Outro grande da expresión plástica, Pablo Picasso, pai do cubismo, negaba a existencia da “arte abstracta” sobre a base de que o artista “debe partir sempre dun trazo real para ir despoxando despois a obra desa condición de realidade. Non hai risco en facelo así, porque a idea do obxecto deixará unha pegada inalterable no espectador. Desa maneira, as ideas e as emocións do artista quedan presas dentro da súa propia obra e xamais poderán fuxir do cadro por formar parte del, aínda que ás veces non semella doado diferencialas”. Seica que nos seus retratos “a xente ve narices cortados e orellas deformadas, pero fágoo a propósito –di Picasso-, porque desexo levar a xente á comprensión, á percepción dunha imaxe que nada se asemella á realidade. Despois decataranse de que o nariz non está cortado e desa maneira conseguín evitar que só contemplaran as harmonías fermosas ou as cores exquisitas”.

Veñen a conto estas referencias sobre o sentir de dous grandes da arte do século XX, ambos amañadores da materia común do encadramento da realidade (que é tanto como volver a interpretala), a propósito da feliz experiencia ArtefactoSalnés: do encadre ao cadro, coordinada polo departamento de debuxo do IES Ramón Cabanillas coa finalidade última de achegar ao alumnado en concreto, e por amplitude á sociedade na que conviven, os fascinantes recantos da linguaxe cinematográfica na súa relación coa pintura e as demais artes plásticas. A conclusión non pode ser outra que a dun goce para os sentidos e un convite á reflexión que demandaba Picasso, máis alá do seu reflicte concreto nas diferentes e variadas creacións participantes na exposición, sexan as aportadas polos creadores aínda na etapa da descuberta a través da formación regrada no IES, ou sexan as achegas dos artistas convidados e xa definidos por un universo propio que a convención asume como estilo, pero co trazo común de pertencer a ese bulideiro territorio reconvertido a espazo de imaxinación que responde ao nome do Salnés.

Desde o meu entender de cidadán consciente de que o mundo está para ser interpretado coa mirada, sempre considerei que a arte, e en xeral o tan sinxelo como complexo proceso da creación artística, só se pode entender desde a liberdade. O variado e suxerinte programa deseñado por ArtefactoSalnés: do encadre ao cadro, reflicte canto afirmo, e valora a transversalidade do audiovisual con relación ás artes plásticas. Cineastas, artistas, fotógrafos, ilustradores, escultores, conforman na súa interrelación cos alumnos integrados en cada proxecto, unha comuñón fabril que se transforma en colectividade plástica reflectida no conxunto da exposición, como remate dun singular proceso creativo que finalmente invita á conclusión primixenia, o encadre, o cadro, e as súas viceversas, como achega á unha realidade mutante que o individuo pode e debe interpretar segundo considere, buscando ao tempo o diálogo, a comunicación, coa sociedade para facela partícipe desa visión renovada.

O encadre e o cadro, dous modos en aparencia diferentes de conformar a realidade, pero no fondo (e sen dúbida nas formas) respondendo á vontade individual do artista, do autor que nos convida a ver (e sentir) máis alá das aparencias.

Miguel Anxo Fernández





+ ENRIQUE CARDONA


A arte existe desde que o home se pode considerar home, desde que tivo a inquedanza de plasmar o que pensaba e sentía... fai diso uns 40000 anos. A evolución da humanidade foi lenta pero imparable. O punto máximo da nosa cultura na antigüedade foi o mundo clásico, diso xa fai máis de 2000 anos, e foi alí onde fixaron as artes “superiores”: Arquitectura, Escultura, Pintura, Música, Danza e Declamación. O desenvolvemento da humanidade desde entón foi espectacular pero a nivel artístico a pesar de figuras xeniais que innovaron nos seus campos non houbo apenas máis novidades. Tivo que ser xa no século XX cando unha nova forma de expresión dera unha volta a todo o anterior dando un pasiño máis: O Cine.

A incidencia da arte cinematográfica é innegable, puxo fin a un modelo secuenciado de produción artística (inicio → desenvolvemento → auxe → decadencia... e volta a comezar con outro xeito de expresión) no que se non seguías unha liña concreta era difícil saír adiante e deu paso a unha produción artística “total” no que se pasa dun estilo a outro de forma tan veloz que se pode sentir o cambio incluso dentro da mesma obra. Artistas xeniais como Pablo Picasso non serían o mesmo se viviran nunha época anterior dentro dun esquema formal inMóbil e prefixado, serían xenios igualmente, sí, seguro, pero...

O mundo do celuloide ten unha produción enorme que frecuentemente viuse vencellada de xeito directo coa arte “clásica”, numerosas películas acerca de estilos artísticos e pobos nos que a arte era gran protagonista e tamén moitos biotopics. O cine non só conta unha historia senón que, como arte que é, é capaz de transmitir ideas e sentimentos e achegarnos de xeito rápido e múltiple valores e informacións... o concepto de “tempo” nunha pintura non é igual que nunha película pero nunha película nárrase unha historia secuencialmente coma nun cómic, é o saber ou experiencia do espectador o que dota dun significado ou outro á película.

Grandes interpretacións de grandes actores dando vida a outros artistas achégannos sen esforzo a entender en gran medida a vida, obra e motivacións de personaxes básicos para a historia da arte: Coñecer a Vermeer a través de Scarlett Johanson en “A moza da perla”, a Frida Khalo a través de Salma Hayek en “Frida”, a Jackson Pollock a través de Ed Harris en “Pollock” ou a Vincent van Gogh a través de Kirk Douglas en “O tolo do cabelo vermello” non ten prezo. Estas obras aquí citadas pode que non sexan obras mestras pero logran atraer a maxia dos artistas dun xeito que, na maior parte das veces, sen formación axeitada non é doado conseguir. Con todo isto quero explicar que o cine ten moitos usos, do mero divertimento ata o estudo concienzudo e a maioría das veces faise ao tempo, se darnos conta.

Din que non é fácil entender a arte... eu creo que sí.

Enrique Cardona



Un momento da montaxe da exposición.




+ QUICO ÁLVAREZ


"... Una centésima de segundo por aquí, otra por allá, al fin serán uno, dos o tres segundos robados a la eternidad." ROBERT DOISNEAU.

Oskar Barnak, ingeniero que trabajaba en la industria del cine, era amigo de los paseos y la fotografía. En 1919 se hizo una cámara pequeña, pues tenía problemas de asma y no podía llevar las pesadas cámaras de entonces en sus paseos. Esa cámara usaba la misma película que se usaba en el cine, de paso 35 mm. Hacía fotogramas del doble de tamaño, pero con la misma proporción anchura-altura. De ese invento surgió la más drástica popularización de la fotografía, y así pudo nacer el fotoperiodismo. Ese formato, llamado también “paso universal”, perduró hasta la llegada de la fotografía digital y aún lo usamos hoy.

“Rollos de 36”, pedíamos en las tiendas cuando empezábamos a hacer, y revelar, nuestras primeras fotos. Salían más, hasta 40 según qué cámara se usara. Yo los devoraba. Después, tras hacer copias de toda la tira de película, los “contactos”, los archivaba. Cuando editaba, mirando con lupa cada uno de los fotogramas, no podía evitarpensar en que cada rollo, en cine, haría poco más de un segundo y medio, pero seleccionaba con pretensión de eternidad. Cuando había una serie de imágenes que buscaban la misma idea, descomponiendo una acción en fracciones, se me presentaba la selección más difícil: “¡Qué bonito sería poner todos los cuadros en uno!”, pensaba...

Cambados, primavera de 2012 © Quico Álvarez


Título del proyecto: "VEINTICUATRO CUADROS = UN SEGUNDO"

"DE VEINTICUATRO CUADROS UN CUADRO". DD-120412-001 45 X 25 cm. Impresión de pigmento sobre papel ph neutro




+ FERNANDO ARENAZ


“A imaxe pintada transforma o ausente - porque sucedeu lonxe ou fai moito tempo- en presente. A imaxe pintada trae aquilo que describe o aquí e agora. Colecciona o mundo e tráeo a casa.” (O cine) “transpórtanos desde o lugar en que estamos ata a escena da acción.(...)A pintura tráenos a casa. O cine lévanos a outra parte”.

John Berger (De “Cada vez que dicimos adeus”, 1997)


“Para aclarar a miña propia postura fronte á actividade creadora, convén estudar un artista cinematográfico co que me sinto especialmente identificado: Luís Buñuel. Nos seus películas atopámonos unha e outra vez coa actitude do inconformista. A protesta apaixonada, irreconciliable e sen concesiones de Buñuel exprésase sobre todo na estrutura emocional das súas películas, contaxiosas precisamente no nivel emocional. Non é unha protesta calculada, intelectual, pensada. Buñuel ten suficiente sensibilidade artística como para non caer nun pathos meramente político, que na miña opinión sempre ten algo de mentira, cando nunha obra de arte exprésase de modo inmediato (…).

Pero Buñuel está determinado sobre todo por unha conciencia poética. Sabe que unha estrutura poética non necesita declaracións de ningún tipo. Que a forza da arte está noutro lado, na súa forza de convicción emocional, é dicir, na súa viveza única, (…).

Andrei Tarkovski (“A arte como ansia do ideal” do libro “Esculpir no tempo”. 1988)


“HOME CINEMA” (2012)

TÉCNICA MIXTA 3 OBXECTOS: 38 X 43 X 1 CM/23 X 20 X 21 CM/18,5 X 8,5 X 4,5 CM INSTALACIÓN CON ILUMINACIÓN+SOMBRA PROXECTADA: MEDIDAS VARIABLES




+ GUILLERMO CHARLÍN


MEMORIA-TIEMPO-RITMO-PLANO-MOVIMIENTO-PUNTO-BRUMA


“MEMORIA-BRUMA” (2012)

MIXTA/TEA 25 X 225 CM (SECUENCIA DE 9 PEZAS DE 25 X 25 CM)




+ XAQUÍN CHAVES


CINE E PINTURA BEBEN DA FONTE DAS IMAXES POR UN OLLO QUE MIRA, COMPÓN, ENCADRA, REPRESENTA, OCULTA, POETIZA, NARRA OU DRAMATIZA. CÁMARA E PINCEL SON AS FERRAMENTAS PARA A CONSTRUCCIÓN DOS SEUS RESPECTIVOS MUNDOS QUE TANTO TEÑEN DE COMÚN COMA DE DIFERENTES. NON SE PODE FALAR DE CINE SEN FALAR DE PINTURA, XA QUE É O SEU ANTECEDENTE NO TEMPO ,MÁIS A REALIDADE É QUE HOXE SON DÚAS MANEIRAS DE CREAR INDEPENDENTES E CONTEMPORÁNEAS QUE MANTEÑEN A EMPATÍA PROPIA DOS CAZADORES DE IMÁXENES.
HAI FOTOGRAMAS DE PELICULAS COMA " PARIS-TEXAS" DE WENDERS, " OS SOÑOS" DE KUROSAWA, " A INFANCIA DE IVÁN" DE TARKOVSKI, OU " O SABOR DAS CEREIXAS" DE KIAROSTAMI NOS QUE A CONEXIÓN PINTURA-CINE É MOI VISIBLE , OS LÍMITES DESAPARECEN E PERFECTAMENTE PODERÍAS ESTAR CONTEMPLANDO AS "MENINAS" DE VELAZQUEZ, "A ROLDA NOCTURNA " DE REMBRANDT, OU A PAISAXE DE FONDO DA " GIOCONDA" DE LEONARDO, O PENSAMENTO ACOUGA NAS IMAXES, AS FRONTEIRAS DILÚENSE E FALAR DE EMOCIÓN PICTÓRICA OU CINEMATOGRÁFICA E FALAR DA MESMA CUESTIÓN, AS SINÉRXIAS EVIDENCIAN QUE OS CAZADORES DE IMAXES ANDAN POR SENDEIROS MOI COMÚNS, CINE E PINTURA SEMPRE ESTARÁN BEBENDO DO MESMO COPO DE VIÑO, A IMAXEN!

X.CHAVES, LOIS 28/MZ/2012.


"PODO MERCAR PEXEGOS NO MERCADO, PERO ONDE PODO MERCAR UNHA HORTA DE PEXEGUEIROS EN FLOR?” (1995)
MIXTA/LENZO 162 X 196 CM




“RAN- A.K.”.II (1995)

TINTA SOBRE CARTOLINA 13,5 X 18,5 CM




+ MANOLO CHAZO


A SAÍDA DOS TERRITORIOS TRADICIONAIS PROXECTA A ARTE A UNHA MESTIZAXE IMPARABLE, AS EXHIBICIÓNS AUDIOVISUAIS É UN DOS EXEMPLOS DESTA RELACIÓN DE ARTE MULTIMEDIÁTICO.


“MAQUINARIA” (2012)

MADEIRA DE CERDEIRA E CIPRES 130 X 50 X 40 CM




+ ENRIQUE CONDE


“A LA MAYORÍA DE NOSOTROS, EL ARTE, ANTES DE QUE EL TIEMPO, EL USO Y ALGUNOS AÑOS DE CONFINAMIENTO EN UN MUSEO LO ESTERILICEN, NOS ESPANTA. SÓLO ENTONCES, ESA AFIRMACIÓN EXPLOSIVA DEL PROPIO TEMPERAMENTO QUE EL ARTE VIVO HA DE SER, ACABA RESULTANDO FAMILIAR Y ACEPTABLE PARA EL PÚBLICO (……)EL ARTE “ULTRAMODERNO” ES EL ARTE SIN DOMESTICAR.”

CLIVE BELL
DO LIBRO DE WALLACE STEVENS SUR PLUSIEURS BEAUX SUJECTS


ANTAÑO SURGIDO DEL GRIS DE LA NOCHE. LUEGO, PESADO Y CARO Y REBOSANTE DE FUEGO. AL ATARDECER, LLENO DE DIOS Y VENCIDO. AHORA, ETÉREAMENTE ENVUELTO EN EL ÁSPERO AZUL, SE ALEJA FLOTANDO SOBRE LOS VENTISQUEROS HACIA INTELIGENTES ESTRELLAS.

PAUL KLEE


GRAAL

RESPIRACIÓN OSCURA DE LA VULVA. EN SU LATIR LATÍA EL PEZ DEL LÉGAMO Y YO LATÍA EN TI. ME RESPIRASTE EN TU VACÍO LLENO Y YO LATÍA EN TI Y EN TI LATÍAN LA VULVA, EL VERBO, EL VÉRTIGO Y EL CENTRO.

(JOSÉ ÁNGEL VALENTE)


“ELEXÍA DA SOMBRA” (2012)

MATERIAIS: LÁMPARAS ALÓXENAS , ESPAZO, CONSTRUCIÓN DE VARIÑAS DE ACEIRO PINTADAS, SOMBRA PAREDE. 118 X 27 X 23 CM




+ XULIO GAYOSO


DE CERTO QUE NON SABERÍA DICIR CAL DAS DÚAS LINGUAXES QUE FLORESCERON E SE UNIVERSALIZARON NO SÉCULO PASADO, O CINE E O CÓMIC, FOI MÁIS IMPORTANTE NA EDUCACIÓN SENTIMENTAL DO NENO QUE FUN.

NO LUGO GRIS E APAGADO DA MIÑA INFANCIA E ADOLESCENCIA, NA CIDADE AUSTERA E BEATA DOS TELLADOS DE ACEIRO, DAS PORTAS INSOMNES E UN MURO DE SOÑOS CINGUINDO O SEU VAN, COMO DIXO CELSO EMILIO, HABÍA SEIS ESTRELAS FULXENTES E UN PLANETA ATEIGADO DE SOÑOS. TRES ESTRELAS INTRAMUROS, TRES EXTRAMUROS. OS SEUS NOMES DICÍAN MOITO DAQUELES TEMPOS: CINE ESPAÑA, CINE VICTORIA, CINE PAZ, MAIS TAMÉN CINE KURSAL, CENTRAL CINEMA, GRAN TEATRO, COMO PARA LEMBRARNOS QUE O O MUNDO ERA MÁIS ANCHO QUE A PAZ ARMADA DO CAUDILLO.

O PLANETA ESTABA NA RÚA DA RAIÑA, NUN PORTAL CALQUERA, HABITADO POR FUSALBA, CATALÁN, XA MAIOR, CON ANDEIS ATEIGADOS DE HISTORIETAS PARA FACER TROCA MEDIANTE PAGO DALGÚNS CÉNTIMOS. DESGASTADOS E POBREMENTE EDITADOS, AQUELES “CONTOS”, CORRÍAN DE MAN EN MAN. AÍNDA NON EXISTÍA O AFÁN DE POSESIÓN QUE HOXE TEMOS. TODO O QUE SE PODÍA SOÑAR ESTABA ALÍ.

XULIO GAYOSO


“A MAN NEGRA” (2012)

TÉCNICA DIXITAL 88 X 124 CM




UXÍO LÓPEZ


BRUJERÍA Y CINE

POR TODAS PARTES SE OYE DECIR QUE EL CINE ESTÁ AÚN EN SU INFANCIA Y QUE NO ASISTIMOS MÁS QUE A SUS PRIMEROS BALBUCEOS.

DEBO DECIR QUE YO NO COMPRENDO ESTE PUNTO DE VISTA. EL CINE LLEGA EN UN ESTADIO YA MUY AVANZADO DE LA EVOLUCIÓN DEL PENSAMIENTO HUMANO Y SE BENEFICIA DE ESA EVOLUCIÓN. SIN DUDA, SE TRATA DE UN MEDIO DE EXPRESIÓN QUE, MATERIALMENTE, NO ALCANZA AÚN SU PUNTO CULMINANTE. SE PUEDEN IMAGINAR CIERTO NÚMERO DE PROGRESOS QUE DEN A LA CÁMARA, POR EJEMPLO, UNA ESTABILIDAD Y UNA MOVILIDAD QUE HOY NO TIENE. PROBABLEMENTE, EN UN FUTURO PRÓXIMO, SE LLEGARÁ AL CINE EN RELIEVE, Y AUN EN COLORES. PERO TODOS ESTOS NO PASAN DE SER MEDIOS ACCESORIOS QUE NO PUEDEN AÑADIR GRAN COSA A LO QUE ES EL SUSTRATO ESPECÍFICO DEL CINE, QUE HACE DE ÉL UN LENGUAJE, AL MISMO NIVEL QUE LA MÚSICA, LA PINTURA O LA POESÍA.

ANTONIN ARTAUD, (GUIONES Y SELECCIÓN DE ENSAYOS SOBRE CINE DE PUBLICADOS EN: ANTONIN ARTAUD / EL CINE)


"ACCIDENTE KAFKA" (2012)

ANIMACIÓN STOP-MOTION. 1’27” FOTOGRAFÍA/MONTAXE DE VÍDEO REALIZADO POR PABLO OUBIÑA




+ CARLOS MAÑO


«EN 1900 SE PENSABA QUE EL CINE SE CONVERTIRÍA EN UN ARTE SI SE FILMABAN OBJETOS ARTÍSTICOS. AHORA SE PIENSA QUE LOS LUMIÈRE INVENTARON EL CINE COMO ARTE, ELIGIENDO LA SALIDA DE UNA FÁBRICA O LA LLEGADA DE UN TREN; O SE PIENSA QUE LA FOTOGRAFÍA SE CONVIRTIÓ EN ARTE CUANDO LOS RETRATOS FRONTALES DE PAUL STRAND ROMPIERON CON LA IMITACIÓN PICTORIALISTA DE LOS EFECTOS PICTÓRICOS, PORQUE LA AUSENCIA DE ARTE SE HA CONVERTIDO PARA NOSOTROS CONTEMPORÁNEOS EN UN COMPONENTE ESENCIAL DEL ARTE».

(DE UNA ENTREVISTA A JACQUES RANCIÈRE CON MOTIVO DE LA PUBLICACIÓN DE «MALESTAR EN LA ESTÉTICA»)


“LA ORQUESTA ROJA” (2010)

60 X 40 CM PIGMENTO / TELA




+ VÍTOR MEJUTO


HAY UNA FORMA DE ACERCARSE A LOS TEMAS INGENUA Y FRONTAL. SIN REFERENCIAS NI ELABORACIÓN INTELECTUAL ALGUNA. SIN LITERATURA NI MATEMÁTICAS. DESPEJANDO LA IDEA DE TODO RASTRO DE MEMORIA. PUEDE QUE ESTÉ HABLANDO DE ALGO UTÓPICO PORQUE, DE TODOS MODOS, CUANDO JOSEPH ALBERS HOMENAJEABA AL CUADRADO TAMBIÉN LO HACÍA A LA PANTALLA. Y ESO TAMBIÉN ES CINE.


"CINEMASCOPE" (2012)

ACRÍLICO/LONETA 40 X 80 CM




+ EMÉRITA MÉNDEZ


REAL ACADEMIA ESPAÑOLA. DICCIONARIO DE LA LENGUA ESPAÑOLA - VIGÉSIMA SEGUNDA EDICIÓN

ARTISTA.3. COM. PERSONA DOTADA DE LA VIRTUD Y DISPOSICIÓN NECESARIAS PARA ALGUNA DE LAS BELLAS ARTES.4. COM. PERSONA QUE ACTÚA PROFESIONALMENTE EN UN ESPECTÁCULO TEATRAL, CINEMATOGRÁFICO, CIRCENSE, ETC., INTERPRETANDO ANTE EL PÚBLICO.

ARTE.(DEL LAT. ARS, ARTIS, Y ESTE CALCO DEL GR. ΤέΧΝΗ).1. AMB. VIRTUD, DISPOSICIÓN Y HABILIDAD PARA HACER ALGO. 2. AMB. MANIFESTACIÓN DE LA ACTIVIDAD HUMANA MEDIANTE LA CUAL SE EXPRESA UNA VISIÓN PERSONAL Y DESINTERESADA QUE INTERPRETA LO REAL O IMAGINADO CON RECURSOS PLÁSTICOS, LINGÜÍSTICOS O SONOROS.

EL SÉPTIMO ~. 1. M. EL ARTE CINEMATOGRÁFICO........................


“LINDA DARNELL” (2012)

ACRÍLICO/TEA 50 X 40CM




+ JUAN MORENO BADÍA


MI PINTURA Y EL CINE.

LA PINTURA PRETENDE EN UN SOPORTE GENERALMENTE DE DOS DIMENSIONES REPRESENTAR UN MÍNIMO DE TRES. EL CINE, EN UNA PROYECCIÓN DE DOS DIMENSIONES AÑADE LA ILUSIÓN DE UNA CUARTA: EL TIEMPO.

EN ESTA APORTACIÓN A LA PRESENTE EXPOSICIÓN PRESENTO OCHO IMÁGENES DISTRIBUÍDAS POR PAREJAS, PRÓXIMAS EN EL TIEMPO DE DOS FIGURAS, EN TRANCE. SU PRESENTACIÓN CONJUNTA, REPRESENTARÁ IGUAL QUE EN EL PRINCIPIO DEL CINEMATÓGRAFO LA IMAGEN EN TRANCE, EN MOVIMIENTO.


“TRANCE 01A, 02A, 03A, 04A” (2012)

ÓLEO/LENZO TAMAÑO DE CADA UN DOS CATRO ELEMENTOS: 24X24 cm




+ SAÚL OTERO


CINEMA CON MARCA DE SEU

SOÑAN NO ORÁCULO DO COUTO MIXTO AS XENTES DO CINEMA GALEGO,

O CIDADÁN DA PALABRA COA SÚA MEMORIA DO BOI,

O ILUMINADOR CO RESPLANDOR DAS CORES DE LUÍS SEOANE E LEOPOLDO NÓVOA,

UN DOS NOSOS CON CÁMARA DIXITAL FORZANDO UN ÁNGULO IMPOSIBLE,

AS FADAS DE ESTRAÑO NOME REPRODUCINDO FILMEMENTE NAVICULARIA,

O ACOMODADOR DO COLISEUM ENTRE SOMBRAS E NÉBOA PATRIMONIA OS MARIÑEIROS DE JOSÉ SUÁREZ,

A MAMASUNCIÓN RECOÑÉCESE NOS RETRATOS DE VIRXILIO VIEITES,

OS AUTORES DE CURTAMETRAXES E VÍDEOS PREFIREN O XABRÓN LAGARTO ANTES QUE OS EPITAFIOS,

O MIGUEL ANXO PRADO DEBUXA AS XEOGRAFÍAS DO SAL DOS VIDROS PULIDOS DA AREA DE PRAGUEIRA,

O RAÑOLAS DO CASTELAO, COMO MAIAKOSKI, FOI O MISTER MISTO SUICIDA DOS EFECTOS ESPECIAIS,

TODOS A UNHA EMPURRANDO EN PLANO SECUENCIA COMO O MAQUINISTA BUSTER KEATON,

O CALADIÑO SOÑA CUN CINEMA DE VANGARDA CON MARCA DE SEU.

SAÚL OTERO


“JOSÉ GIL”(1996)

ACUARELA E TINTA CHINESA/PAPEL 82 X 32 CM




+ DARÍO PADÍN


“SEN TÍTULO” (2012)
VÍDEO EXPERIMENTAL DURACIÓN: 1’3”




+ ANXO PASTOR


A NOITE DO CAZADOR

(CHARLES LAUGHTON)

SOBRE LIRIOS DE SOMBRAS ...

DESCENDEN NUNHA BARCA OS NENOS

TREME O BOSQUE

E AS ESTRELAS ILUMINAN A NOITE

ESPREITA O CAZADOR ...

TODO O CORAZÓN É BRANCA NOITE

CRISTAL

SOÑO.



ANXO PASTOR


“A NOITE DO CAZADOR-II” (2012)

TÉCNICA MIXTA 38 X 38 X 7 CM




+ MANU PAZ


“SEN TÍTULO” (2012)
VÍDEO EXPERIMENTAL DURACIÓN: 38”




+ HÉCTOR QUINTELA


ES MUY COMPLICADO HABLAR SOBRE EL CINE. HAY QUIEN LO CONSIDERA BAJA CULTURA Y HAY QUIEN NO. HAY DEFINICIONES PARA TODOS LOS GUSTOS Y CADA UNO PIENSA QUE EL CINE SIRVE PARA UNA COSA. QUE SI ES ARTE DEL ENTRETENIMIENTO O SI ES MÁS QUE ESO. TAMBIÉN ES MUY DIFÍCIL SABER DÓNDE ACABA EL CINE Y DONDE EMPIEZA EL ARTE VISUAL, O AL REVÉS. EL CINE PROFESIONAL, EL AMATEUR, EL QUE ES PARA TELEVISIÓN, LAS SERIES, DEMASIADAS ETIQUETAS. SE CONSTRUYE, DECONSTRUYE, RECONSTRUYE, INVENTA, MIL COSAS, EL PASADO, EL PRESENTE E, INCLUSO, EL FUTURO, O UNA COMBINACIÓN DE CADA COSA. RECUERDO CUANDO EN TVE ECHABAN TEATRO; UN HÍBRIDO DE LO MÁS INTERESANTE.

LO ÚNICO QUE YO TENGO CLARO, Y NO ME PARECE MUCHO, ES QUE EL CINE ES UN LUGAR QUE REÚNE CIERTAS CARACTERÍSTICAS PROPIAS, SIENDO LA MÁS DEFINITORIA EL QUE SE PROYECTEN EN ÉL PELÍCULAS. TAMBIÉN QUE ES MUY INTERESANTE EL ARTE QUE SE APLICA AL CINE, COMO LA CARTELERÍA, SIN IR MÁS LEJOS. AL MENOS EN MADRID, LOS CARTELES QUE ANUNCIAN LA CARTELERA DE LAS PELÍCULAS PROYECTADAS EN LOS CINES SE PINTABAN A MANO. NADIE SABE A DÓNDE HAN IDO A PARAR.


“1964”. VIDEO. 1’ 35”




“LA DENTADURA DEL ABUELO” (2012)

DESEÑOS ANIMADOS. 53” IDEA ORIXINAL E ILUSTRACIÓNS: HÉCTOR QUINTELA GONZÁLEZ MONTAXE: VÍCTOR PALACIOS




+ XAQUÍN ROSALES


NO ESTOY EN CUALQUIER LUGAR

LOS SONIDOS DE MAR ME ACOMPAÑAN, CONTEMPLO EL VUELO DE LAS AVES Y SUS GRITOS, SIENTO COMO LAS GOTAS DE AGUA SALPICAN MI ROSTRO Y LA HUMEDAD SUBE POR MIS PIES EN CONTACTO CON LA ARENA.

SI, ESTOY AQUÍ, NO ESTOY EN CUALQUIER LUGAR, PERO LAS VOCES ME PERTURBAN Y CONFORMAN UN PUZZLE, DESORDENADO, INCOHERENTE, DESDIBUJADO, NO PUEDO DEJAR DE PENSAR AUNQUE ESO ES LO QUE DESEO, LO INTENTO UNA Y OTRA VEZ, A CADA PASO QUE DOY, EN CADA LARGO. VUELVEN UNA Y OTRA VEZ Y ME PREGUNTO QUE PERSIGUEN, ¡NO LAS NECESITO! SOLO DESEO FIJAR MI ATENCIÓN EN EL COLOR Y LA IMAGEN ABSTRACTA QUE TENGO ANTE MÍ, SIN LÍMITES, DESAPARECER DE ESTE LUGAR Y FUNDIRME EN ELLA, NAVEGAR EN SUS MATICES. XAQUÍN ROSALES


“NO ESTOY EN CUALQUIER LUGAR” (2012)

SOPORTE: HAHNEMÜHLE PHOTO RAG 308 GR. TIPO DE IMPRESIÓN: INKJET EPSON ULTRACHOME HDR TALLER DE COPIADO: COPIAS DE AUTOR 4 FOTOGRAFIAS DE 484 X 363 MM - 1 TEXTO DE 242 X 363 MM




+ LINO SILVA


LORELEI (MARILYN MONROE): - DOROTHY, O SR. ESMOND E MÁIS EU IMOS CASAR.

DOROTHY (JANE RUSSEL): - ¿O UN CÓ OUTRO?

GUS ESMOND (TOMMY NOONAM): - ¡POR SUPOSTO! ¿CON QUÉN MÁIS PODERÍA SER?

OS CABALEIROS AS PREFIEREN LOIRAS (E OS DIAMANTES SON OS MELLORES AMIGOS DAS MULLERES) HOWARD HAWKS, 1953


“CINEMA PARADISO” (2012)

FOTO IMPRESIÓN SOBRE CARTÓN PLUMA. 60 X 80 CM




+ DO CADRO AO ENCADRE


“RAPARIGO CON PIPA” (2012)

A PARTIR DA PINTURA DO MESMO TÍTULO DE PABLO PICASSO (1905)

RECREACIÓN FOTOGRÁFICA: ALBERTO PADÍN (ACTOR). NEREA GONZÁLEZ, CRISTINA GONZÁLEZ (FOTOGRAFÍA), MARÍA BARREIRO, ANDREA RODRÍGUEZ E UXÍA PENHA. 46 X 34,5 CM




“A MOZA DA PERLA” (2012)

A PARTIR DA PINTURA DO MESMO TÍTULO DE JOHANNES VERMEER (1665)

RECREACIÓN FOTOGRÁFICA: ANTÍA SANTIAGO (ACTRIZ). ELVIRA PALMA (FOTOGRAFÍA), ANDREA SANTORUM, NURIA OUBIÑA E ANA VARELA. TRATAMENTO DIXITAL POR JAIME FIDALGO. 46 X 34,5 CM




“GUERNICA BLUES” (2012)

A PARTIR DA PINTURA “GUERNICA” DE PABLO PICASSO (1937).

RECREACIÓN FOTOGRÁFICA: CRISTINA GONZÁLEZ, MARÍA BARREIRO, ANDREA RODRÍGUEZ, ALBERTO PADÍN, UXÍA PENHA, MATEO LAYA E CLARA MARTÍNEZ (ACTORES). NEREA GONZÁLEZ (FOTOGRAFÍA). ALOIA INSUA, ADRIÁN COCHÓN, SERGIO DOMÍNGUEZ, EVA FUENTES, MARÍA PÉREZ, ALICIA REY E “TARA” (ACTORES). NITO REY (FOTOGRAFÍA). NEREA RIBADOMAR E ZULEMA PASTOR (ACTRICES). ALBA VIÑAS (FOTOGRAFÍA). COLLAGE DIXITAL POR FERNANDO ARENAZ. 30 X 66,5 CM




+ ANIMACIÓN EXPERIMENTAL


“FESTA TOTAL” (2012)

ANIMACIÓN STOP-MOTION. 1’ MARÍA BERTA BARREIRO ALVAR




+ PLANO SECUENCIA


“PRESENZAS ESTRAÑAS” (2012)

CURTAMETRAXE FILMADA EN PLANO SECUENCIA. 1’ 23” ACTRICES: ALBA ROMERO, JENIFER VÁZQUEZ, MIRIAM PADÍN E SUSANA FERNÁNDEZ DIRECCIÓN/CÁMARA: MARÍA VENTOSO




+ MENTE VISUAL-TALLER DE CINEMA


“AQUELA NOITE” (2012)

CURTAMETRAXE. 13’

COORDINACIÓN E SUPERVISIÓN: MANU PAZ/DARÍO PADÍN

DIRECCIÓN: VISUAL MIND WORKSHOP

GUIÓN: ANA QUINTELA

PRODUCIÓN: PAULA CHAVES

CÁMARA: PAULA GONZÁLEZ

AXUDANTE DE CÁMARA: SERGIO PÉREZ

SON: PAULA LEDE

ACTORES: MARÍA POMARES, ROI GALEGO, CLAUDIA CORES, PAULA LEDE, EMMANUEL FRANCO,ADRIÁN CASTRO. FIGURACIÓN: SERGIO PÉREZ, MARCO NÚÑEZ, CRISTINA PREGO, ALBA ABAL, ANTÍA ABAL, MARÍA RODRÍGUEZ.

ATREZZO: ANA QUINTELA, MARÍA POMARES (PELUQUERÍA E MAQUILLAXE), PAULA CHAVES, PAULA GONZÁLEZ, ESTEBAN LOURIDO, RITA GONZÁLEZ.




+ DO ENCADRE AO CADRO. DESEÑO GRÁFICO


CARTEL E TARXETA DA EXPOSICIÓN.



DVD CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN.





+ IMAXES DA EXPOSICIÓN NO PAZO TORRADO.











ESTA EXPOSICIÓN ESTÁ DEDICADA Á MEMORIA DE LUIS FERNÁNDEZ SILVOSO


miércoles, 18 de abril de 2012

ARTEFACTOSALNÉS 2012: DO ENCADRE AO CADRO (PRESENTACIÓN)





O PRÓXIMO DÍA 4 DE MAIO SERÁ A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "DO ENCADRE AO CADRO", A CAL PRETENDE MOSTRAR AS RELACIÓNS ENTRE O CINE E AS ARTES PLÁSTICAS, E QUE CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DOS ARTISTAS DO SALNÉS SELECCIONADOS E TRABALLOS ELABORADOS POR ALGÚNS ALUMNOS DO NOSO CENTRO. DE MOMENTO, E COMO ADIANTO DESTE EVENTO AQUÍ VOS DEIXO UN FRAGMENTO DUN DOS TEXTOS INTRODUCTORIOS, ESTE DA MAN DO NOSO COMPAÑEIRO ENRIQUE CARDONA. ESTADES TODOS INVITADOS A ESTE ACTO INAUGURAL, QUE TERÁ LUGAR NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO TORRADO EN CAMBADOS ESE VENRES 4 ÁS 20:00 H.



"(...) A incidencia da arte cinematográfica é innegable, puxo fin a un modelo secuenciado de produción artística (inicio → desenvolvemento → auxe → decadencia... e volta a comezar con outro xeito de expresión) no que se non seguías unha liña concreta era difícil sair adiante e deu paso a unha produción artística “total” no que se pasa dun estilo a outro de forma tan veloz que pódese sentir o cambio incluso dentro da mesma obra. Artistas xeniais como Pablo Picasso non serían o mesmo se viviran nunha época anterior dentro dun esquema formal innóbil e prefixado, serían xenios igualmente, sí, seguro, pero...
(...) Grandes interpretacións de grandes actores dando vida a outros artistas achégannos sen esforzo a entender en gran medida a vida, obra e motivacións de personaxes básicos para a historia da arte: Coñecer a Vermeer a través de Scarlett Johanson en “A moza da perla”, a Frida Khalo a través de Salma Hayek en “Frida”, a Jackson Pollock a través de Ed Harris en “Pollock” ou a Vincent van Gogh a través de Kirk Douglas en “O tolo do cabelo vermello” non ten prezo. Estas obras aquí citadas pode que non sexan obras mestras pero logran atraer a maxia dos artistas dun xeito que, na maior parte das veces, sen formación axeitada non é doado conseguir. Con todo isto quero explicar que o cine ten moitos usos, do mero divertimento ata o estudio concienzudo e a maioría das veces faise ao tempo, se darnos conta.
Din que non é fácil entender a arte... eu creo que sí."

Enrique Cardona



COMO PEQUENA MOSTRA DO QUE SE PODERÁ VER NA EXPOSICIÓN "DO ENCADRE AO CADRO" TEDES AQUÍ UN ENLACE PARA VER O VIDEO "ACCIDENTE KAFKA" UN DOS TRABALLOS QUE PRESENTARÁ O ARTISTA AROUSANO UXÍO LÓPEZ NA MESMA, E QUE MOSTRA O PROCESO DE CREACIÓN "PASO A PASO" DA OBRA DO MESMO TÍTULO, UTILIZANDO A TÉCNICA DO STOP-MOTION.

miércoles, 1 de junio de 2011

ARTEFACTOSALNÉS 2011: PUBLICACIÓN













XAQUÍN CHAVES
“Na miña obra actual prima sempre o cromatismo sobre o formal , o estudio da cor asi coma o da súa apariencia son cuestións moi importantes nas cales investigo con diferentes materias e situacións espaciais; sendo este o meu fío de Ariadna o meu proceso creativo ten bastante de aleatorio: partindo dunha experiencia persoal ou dunha referencia visual o labor e pintar e despintar, para voltar a pintar ata que xurde coma unha aparición a idea, é a partires de ahí cando realmente comeza a creación da obra, xa todo ten unha dirección e sentido a obra se hai sorte pode materializarse”.





MANOLO CHAZO
“A obra orixinal, a creatividade, as novas formas de fixar o teu traballo, a busca continua da aprendizaxe, satisfaime plenamente. Inventar, soñar e perderte no infinito da imaxinación para fabricar as pezas que perseguías faite sentir coma un arqueólogo do presente.
Nos meus traballos, o emprego da madeira convértese nun dos principais materiais, tamén realizo pezas en resinas de poliéster. O ferro fundido e o bronce utilízoo sobre todo para encargos de esculturas públicas e de dimensións considerables , como son A porta da Luz Salgada, en Vilagarcía , ou o Faro das Lúas, en András, construída esta última en aceiro inox. Os relevos con técnicas mixtas forman parte tamén das últimas exposicións. En canto ao espazo xeográfico, e en concreto ao Salnés, penso que evidentemente vivimos e producimos nun espazo privilexiado que inflúe, consciente ou inconscientemente na persoa. O Salnés foi sempre unha fonte de frescura para a creación, un territorio poboado de grandes nomes en tódolos eidos das artes.Partindo da universalidade da cultura é importante o teu lugar de reflexión, a túa fábrica de ideas e emocións, o lugar onde respiras” .






ENRIQUE CONDE
“Dende neno vivín nunha contorna artística (o meu pai era pintor). Penso que non decidín ser artista, a arte decidiume dende o momento que vin transformarse una cartolina nun cadro. A partires dese momento tratei de adicarme a tempo completo a esta actividade. A desesperación de enfrentarme contra o plano (pintura) levoume a tratar as tres dimensións (escultura).
No traballo como escultor considérome constructivista, busco a relación da materia e o espazo, o baleiro como forma de expresión. Técnicamente traballo maiormente con madeira, material mais doado para facer estruturas e ensamblaxes, moi relacionado coa carpintería tradicional.
Vivín a cabalo de Ourense e O Grove, e dende hai trinta anos habito na comarca do Salnés. Penso que dalgún xeito, o territorio onde se vive inflúe no traballo, mais non é algo procurado.
Dende que me dedico a esta actividade sentín mudar moito a relación da arte e a sociedade. Nos tempos, o mercado tratou de transformala nun valor de cambio, mercaduría especulable en mans de tendeiros. As novas tecnoloxías están creando relacións entre a arte e a sociedade eliminando intermediarios innecesarios”.






XULIO GAYOSO
“Definir a miña obra non é doado porque nunca estivo rexida por uns obxectivos nin unhas intencións claras, sempre fun un creador limitado polas circunstancias.
En primeiro lugar tería que dicir que, aínda que toquei todos os paus (pintura, cerámica, escultura, etc.), o que me sinto é ilustrador, con todo o que isto significa: a obra non ten valor como obxecto en si, senón que está feita para outro fin e a el se ten que someter: ilustración de prensa, libro ilustrado, campañas publicitarias, cartaces, etc. Aínda que a miña paixón mais duradeira é o cómic.
Tendo en conta todo isto, as técnicas que emprego son moi variadas e, por veces, moi complexas. Boto man de todo o que teño ao meu dispor. O medio dixital representou unha revolución inimaxinable hai un par de décadas e puxo nas miñas mans uns instrumentos moi potentes que se adaptan ben ao meu xeito de traballo. Hai unha máxima que sempre respectei: o final do proceso creativo é a obra unha vez impresa.
Non teño a mentalidade e a tenacidade do artista, teño máis vocación de artesán, de persoa que intenta exercer con dignidade un oficio, despreocupado da carga conceptual e transcendental que adoita asociarse a este traballo. Da Arte (con maiúsculas), son un observador e un admirador”.






UXÍO LÓPEZ
“No proceso creativo síntome moi libre á hora de executar as obras, nunca parto de bosquexos ou traballos previos, case todo consiste en porme diante do lenzo en branco e deixarme levar pola cabeza, polas sensacións, emocións ou estados de ánimo. Empezar a manchar e aglutinar cousas para logo, máis tarde, xa co traballo algo avanzado disporme a tomar unha decisión de por onde seguir e a onde poder chegar.
En todo este proceso o azar, para mín, é moi importante e non me deixan de sorprender os mundos novos que se abren por ese camiño.
No relativo ás técnicas, teño que dicir que estou aberto a usar calquera cousa e calquera material que nese momento me emocione ou considere que sexa boa solución para executar a obra. As cores coas que traballo fágoas eu, partindo duns pigmentos que se usan no mundo do aluminio, e que mesturo con látex para darlle adherencia ao soporte, así mesmo para mín son moi importantes os instrumentos cos que pinto, podo utilizar un pincel e deseguido un trapo sucio, unha vasoira ou facer dunha táboa unha espátula, correr a botar auga sobre o pintado e logo secalo cun calefactor de ar, e mesmo usar un aspirador para absorber restos de pintura. Tamén uso os erros como unha ferramenta de traballo, e que fermoso é cando se atopan”.






EMÉRITA MÉNDEZ
“Non sei se teño referentes. Influencias supoño que sí. Gauguin dicía que a arte é plaxiadora ou revolucionaria . Penso que é unha cuestión de emocións e un misterio o porqué che atrae mais un autor ca outro. O mesmo ocorre coa música ou a literatura. Antes falaba dun xeito de ver e pode que a iso se deba o que conecte mais con certos pintores e a súa percepción do mundo e lóxica distintas. Atópoos en todas as épocas e estilos, nos libros ilustrados da Idade Media, nas rochas estrañas de Patinir, nos monstros do Bosco, os frescos de Massaccio, no misterio de Vermeer , na atmosfera fría e queda dos pintores nórdicos como Hammershøi , nos interiores domésticos de Vuillard e na aparente simplicidade de Whistler .Entre os actuais atráenme Edward Hopper, Larry Rivers, Jim Dine , Alice Neel, Eric Fischl, Leonard Rosoman , Peter Blake … Peter Blake outra vez.
A contorna ten influencia . Primeiro nos sentidos, pero tamén na nosa mente, nas nosas lembranzas e na educación. Pero a imaxinación é a fonte do pulo artístico, así que sempre interpretamos o que nos rodea”.






HÉCTOR QUINTELA GONZÁLEZ
“Creo en el valor de la Historia como fuente de modernidad, y en el valor de la flânerie como método de trabajo. Creo también que hay que retener lo máximo posible de lo soñado, nunca desecharlo. Fiel a estas máximas, se va formando más o menos conscientemente un palimpsesto de conceptos e imágenes; condición necesaria el guardarlo nervioso bajo el pellejo, latente continuamente”.





XAQUÍN ROSALES
“A arte sempre estará presente na nosa vida, digamos que lle dá sentido, o ser humano sempre intenta comunicarse cos demais a través da representación gráfica dos seus sentimentos e ideas, polo tanto a arte encóntrase ben de saúde. Outra cousa é o mercado da arte, que como calquera outro esta supeditado á marcha da economía e os negocios”.





martes, 31 de mayo de 2011

ARTEFACTOSALNÉS 2011: XORNADAS AO REDOR DAS ARTES PLÁSTICAS





O Salnés ten unha riqueza artística tan impresionante como pouco recoñecida a nivel popular. É triste que o noso, o feito polos nosos, sexa enormemente valorado a nivel non só galego, senón nacional e mesmo internacional pero a sociedade do Salnés viva de costas a eles… a promoción e difusión desta rica obra foi a motivación que nos levou a facer esta publicación.

A Arte actual non sempre é comprendida, pode parecer que é unha expresión confusa e lonxana… nembargantes na nosa área podemos desfrutar de autores como, Emérita Méndez, Enrique Conde, Héctor Quintela, Manolo Chazo, Uxío López, Xaquín Chaves, Xaquín Rosales ou Xulio Gayoso que desinteresadamente adicáronnos unha parte do seu valioso tempo para puidermos coñecer de primeira man a súa obra, as súas inquedanzas artísticas e a súa visión de futuro… Dese xeito todos nós valoraremos máis a súa labor e, ao tempo, serviranos de inspiración.

Esta comarca ten unha “materia prima humana” con moito potencial e qué mellor forma de fomentar esa difusión artística que a través dun dos lugares de difusión da cultura e de formación de valores da comarca como é o Instituto de Secundaria “Ramón Cabanillas” de Cambados. Os rapaces que pasan por aquí non só deberían acadar o seu título e marchar a desenvolverse intelectualmente noutros lugares senón que ademais diso deberían ser os portavoces culturais da súa terra nun mundo onde o artístico e o cultural están en crise e, xa que serán eles os que dirixan o mundo no futuro próximo, quén sabe se serán os seus salvadores...

A Arte é un fenómeno global, comprende moitas disciplinas diferentes, nestas páxinas achegámonos á caricatura, á escultura, á fotografia, á ilustración e á pintura; é un mundo complexo dirixido, dun tempo a esta parte, cada vez máis polas leis do mercado e por tanto a situación económica actual fixo e fai moito dano aos artistas pero, en sentido prístino, a Arte son emocións e todos podemos expresalas, o problema é como facelo... As linguaxes artísticas estanse esgotando e deberán atopar novas formas e iso non se pode ensinar, esperamos que esta publicación sirva de motivación para que a xente (nova e menos nova porque a Arte non ten idade) pérdalle o medo a expresarse públicamente por medio das experiencias dos artistas aquí recollidas, a inspiración pode chegar en calquera momento pero ollo, como dixo un xenio: “A inspiración existe, pero ten que te atopar traballando”.

Enrique Cardona



+ ARTEFACTOSALNÉS 2011: XORNADAS AO REDOR DAS ARTES PLÁSTICAS







+ VISITA AO ESTUDIO DE XAQUÍN CHAVES. 25-MAIO










+ “UN MAR DE PEDRA (SOBRE O PROCESO ESCULTÓRICO DE MANOLO PAZ)”. PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN DO DOCUMENTAL A CARGO DO DIRECTOR DO FILME MANU PAZ. 26-MAIO










+ “A ARTE E OS TEMPOS”. ENRIQUE CONDE. 27-MAIO










+ EXPOSICIÓN: “PROCESO DE CREACIÓN DA PORTADA DO ENORMIC 2011”. UXÍO LÓPEZ. 30-MAIO







DOU ARRINCO TORZO MATO

Dou arrinco torzo mato atraveso incendio e queimo - agarimo lambo bico ollo - repenico con todo o pulo as campás até que sanguen - escorrento os pombos e fágoos voar arredor do pombal até caeren ao chan xa mortos de cansazo - cubrirei todas as xanelas e as portas con terra e cos teus cabelos aforcarei todos os paxaros que cantan - e cortarei todas as flores - arrolarei no meu colo ao año e dareille o meu peito para que o devore - lavareino coas miñas bágoas de pracer e de mágoa - e adurmiñareino co canto da miña soidade por soleares - e gravarei con augaforte os campos de trigo e de avea e vereinos morrer deitados cara o sol - e enrolarei os ríos en papel de xornal e tirareinos pola fiestra ao regato que arrepentido pero con todos os seus pecados ás costas vaise ledo e rindo pese a todo facer o seu niño no sumidoiro - e racharei a música da fraga contra as rochas das ondas do mar - e trabarei ao león na meixela - e farei chorar ao lobo de tenrura diante dun retrato da auga que no baño deixa caer o seu brazo.
(Picasso, 17 setembro 1935)

Tradución ao galego do poema de Picasso que aparece no catálogo da exposición “PROCESO DE CREACIÓN DA PORTADA DO ENORMIC 2011” de UXÍO LÓPEZ.